viernes, 7 de noviembre de 2014

Exposición de grabado y obra gráfica



Exposición “VIII premio internacional de arte gráfico Jesús Núñez 13”. Del 31 de octubre de 2014 al 16 de noviembre de 2014.

Casa da cultura de Outes
Av de San Campió, 1
15230 Outes, La Coruña
981 84 24 06
cultura@outes.es
http://www.outes.es
Horario de 10 a 14:00 e de 17 a 21:00 de luns a venres e sábados de 11 a 13 horas.

Reseña: Exposición do VIII premio internacional de arte gráfico Jesús Núñez 13. Despois das 235 obras recibidas procedentes de 26 países, esta exposición recolle unha selección das 30 obras máis sobresaíntes. Sorprende a participación de obras da práctica totalidade dos países europeos e doutros como Brasil, Canadá, Colombia, Xapón, Irán, Rusia, Venezuela, e un longo etc.
O exemplo disto son os artistas e obras seleccionadas, 30 en total, dos cales acada o galardón Luís Rosado (Cáceres), cunha xilografía chea de cor e complexa composición que se afasta da imaxe tradicional da técnica para proxectala no século XXI con enerxía renovada.
Nesta mesma liña atópanse os dous accésit:
Desislava Hristova de Sofía (Bulgaria) coa súa obra “A posible rality-II”, soberbia serigrafía, tamén desbordante de cor, que demostra unha mestría técnica que impacta e sorprende.
E Birgit Fiedler de Hamburgo (Alemaña), coa súa obra “Refugio?”, litografía que basea a súa forza na presenza da imaxe, a limpeza técnica e a monocromía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada